Blogia

Andresadas

Teremos un dominio galego?

Teremos un dominio galego?

Estase a dialogar sobre unha posibilidade para Galicia de diferenciarse do resto de websites españolas. As direccións non acabarían coma a maioría das nosas sites .es , senón que a dirección sería cambiada por outra. A medida, levada a cabo polo BNG, resulta unha incertidume, xa que en Internet as cousas van a unha velocidade de vertixe. Ademáis xorde o debate de cal sería a nova denominación: .gal? .glz? .gz? A min, realmente, paréceme unha medida secundaria, ante asuntos de maior importancia para os galegos, pero, se se logra levar a cabo, benvida sexa... A vós, que vos parece? Que dirección vos gustaría máis para a vosa páxina?

Descargas de música, vídeos, películas... e libros??

Descargas de música, vídeos, películas... e libros??

A continuación, facilitarei unha serie de direccións nas cales podedes baixar libros de forma gratuita e a toda velocidade....

Acude a esta página para conseguir libros mediante e-mail, é gratuito pero é necesario que lexas as instruccións de uso e te inscribas, tamén dispoñen de descarga mediante a web e e-links

Pide o teu libro ¡ A cultura non está á venda!
Debes apuntarte á lista de intercambio para conseguir aqueles libros que non estean no listado

Biblioteca Virtual Nueva Era (Páxina altamente recomendada)

DIFUNDA

"CANDO O OÍDO É CAPAZ DE OÍR, ENTÓN VEÑEN OS BEIZOS QUE HAN DE ENCHELOS CON SABIDURÍA"

Os crímenes de Florida... eche unha risa?

Os crímenes de Florida... eche unha risa?

No estado de Florida acontencen os crímenes máis estranos que un se poida imaxinar... Por exemplo, un crime que preocupou e moito ás autoridades deste estado foi o do nudista asaltador de ancianas, que as acosaba sexualmente dunha forma moi particular. Ó parecer, este acosador, entraba nas casas das mulleres de máis avanzada idade, espido e co cabelo recollido, segundo as descricións das asaltadas, levantaba as sabas e, o pé da cama, facía cóxegas ás ancianas coas mans ou tamén cunha pluma. No momento no que as ancianas espertaban, o individuo escapaba a correr.

Outro criminal deste estado era o chamado "coleccionista de bragas". Este home, adícabase a agacharse nos aparcadoiros dos supermercados. O seu delito consistía en deixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por eldeixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por el. A policiá detívoo recentemente. O coleccionista chamábase Nicholas Koger, e levaba máis de cinco anos cos seus crimes...

Isto pasa só nos Estados Unidos? Espero que si, e por outra parte, moito non me estrana...

Novo blog. Andresinho troca para vós

Este reformado blog de Andresinho trata de darvos a coñecer todas aquelas noticias que non vos queren contar, todas as opiniones que ninguén quixo difundir, todo o oculto será desvelado para vós, para que esteades na última, para que non pechedes os ollos, porque é moi fácil deitarse e deixar que o tempo pase e as cousas sigan igual...

Hay oportunidades, pero non tregua

Hay oportunidades, pero non tregua

A asociación terrorista ETA (Euskadi ta Askatusuna, que quere dicir Euskadi e Liberdade), informou logo de que este pasado sábado explotase en Palencia un artefacto onde houbo graves daños materiais, ainda que ningún ferido, que a situación actual favorecía un acercamento da organización ó diálogo co goberno. Tamén explosionou o martes outro artefacto en Zaragoza sen danos graves aparentes. O novo sistema político español facilita moito máis o proceso do Estatuto basco, no cal, segundo ETA, buscan proclamar máis dereitos para o seu pobo, e chegar a unha verdadeira Euskal Herría.

O comunicado de ETA, unha vez máis o diario Gara, afirma que "os inimigos do noso pobo non nos van agasallar nada", e tamén fala de novas oportunidades para o pobo basco. Estas declaracións da asociación terrorista coinciden co día do soldado basco "Gudari Eguna". ETA apoia a esquerda abertzale, coa cal, os cidadáns bascos gozarán de tódalas liberdades.

Ó mesmo tempo, acusa ó Partido Nacionalista Vasco(PNV) de non favorecer ás peticións do seu pobo, actuando de maneira egoísta e coas axudas que reciben de Madrid, sen ter en conta á oposición no País Basco. Por outra banda, o PNV asegurou este verán que endexamais ía a propoñe-la independencia para Euskadi, o cal é totalmente contrario ós intereses de ETA.

Agora faise un paralelismo... Xa que o IRA quebrou en Irlanda, quebrará ETA en España? Dende o meu punto de vista, non. ETA fala de oportunidades para abrir unha nova liña de diálogo, o cal non indica que non vaian a deixa-la loita armada... O proceso de desarme aínda está a comezar. É necesario (non polo terrorismo, senón polos bascos), un Estatuto firme, que indique o País Basco coma nación, que lle outorgue os dereitos os seus cidadáns... Tamén Galiza e Cataluña precisamos dese Estatuto... Chegará? Ou non?

Cal é a solución para a papeleira ENCE?

Cal é a solución para a papeleira ENCE?

Parece ser que o governo si traballa no asunto. Unha iniciativa plantexada por políticos do PP (Juan Juncal) e do BNG (Víctor Guerreiro) proponía o traslado da fábrica cara as costas ferrolanas. Esta proposición veuse truncada pola negativa de Medio Ambiente, a cal mediante o seu ministro Manuel Vázquez, expresou a súa inconformidade, xa que a solución non é limpar unha ría para ensuxar outra.

Ademais, na zona estáse traballando con moito esmero para que as fraguas do Eume se convertan nun parque natural, e ainda por riba, o lugar consta de varias zonas verdes, as cales non sería conveniente que se visen afectadas. E se o Lérez está como está... se se trasladáse ENCE a Ferrol emporcaríase o Eume... Non é sinxelo, pero para algo temos a cabeza. A búsqueda dunha solución que beneficie a todos anda preto...

O IRA será por fin desarmado

O IRA será por fin desarmado

A asociación terrorista irlandesa IRA (Ireland Republican Army) está a piques de ser desarmada tras oito anos de conversa, negociación e diálogo para a paz. Tralo acordo firmado un venres Santo de 1998, Irlanda de Norte non vivirá a día de hoxe, máis ataques terrotistas... Así aseguraron dende o goberno central en Dublín, xa que garantizaban o total desarme da organización, eliminando todo o seu arseal. Os comunicados do IRA foron redactados polo seu brazo político, Sinn Fein. Aínda así, os protestantes non se fían do desarme total, argumentando que non hai probas gráficas que demostren esa posibilidade. A partir de agora, un proceso de cambio e negociación sobre o futuro de queda aberto... O fin das armas? Ogallá... A opresión británica?

jasdaslkdjasldjal

ad-s,dña,mds

asdñjfsdajfasjfka

asdffasdf

colgado

sadasldasnda

ese

ese

q pasa neng?

q pasa neng!!!!!!!

sanmdsa

ksdfasdflksdfakñl

sdasadasd

sadsadsadsad

asddsasadasd

adssdasdaasd

ASDASDASDA

DSADASDASDASDAS

SADASDAS

DASDASDA

D.Manuel: Se non foras muller dábache un par de...

Todos coñecemos ao candidato á presidéncia da Xunta polo Partido Popular en Galicia. Digo candidato, en tempo de eleizóns non hai presidentes... E esperemos que non teñamos que voltar a utilizar ese substantivo para designar a don Manuel. O que foi presidente da Xunta durante dieciséis anos, dixo esta frase, pouco afortunada onde as haxa, despois dunha conferéncia, na que se seguraba que as praias estaban esplendorosas, e que o fuel-oil do Prestige xa non estaba presente nas nosas costas...

Cando saía á rua (que lembremos como o dixo, é sua), unha cidadána mostrou a sua indignación berrando: Cabrón, limpa o chapapote!... A esta recriminación, a reacción do presidente foi de todo, menos adecuada, contestando con esta frase:

- Se non foras muller dábache un par de...

Este tipo de frases ficarán na anécdota e na memória, e, eu crio que é unha mágoa, que non se trate isto con delicadeza, e se teña en conta o trato que durante todos estes anos se lle deu ás mulleres en Galicia, a partir dun goberno conservador, tradicional e arcaico..

Kia Cerato... Vaia anuncio...

Kia Cerato... Vaia anuncio...

Paréce-me unha vergoña. Un cachondeo. Unha falta de respeto. Non entendo como cun tema tan delicado e tan denigrante se pode seguir dando corda. En artigos anteriores, comentei que me semellaba insultante tanto para desportistas como para espectadores que as recogepelotas de ténis fosen modelos de Hugo Boss, e non os chavais e chavalas que con tanto esforzo, lograban que os tenistas tivesen todas as bolas á sua disposición e que a organización dos torneos fose moito mellor esperado.

neste anuncio de Kia, vemos como duas rapaces, antes de se meter no seu carro, están a conversar, guardando as compras do dia. Unha pergunta-lle a outra:

- ,O que che semella que os recogepelotas sexan modelos?

¿É esa unha pergunta frecuente na sociedade? Ten sentido o anuncio? O que relazón exacta teñen os modelos coas propriedades do veículo? Ao entrar no carro, a condutora olla no asento traseiro comproba que ten a tres Ballboys sentados. Os dous comezan a rir de forma toleada e comezan a conducir. Até o momento final no que fala unha voz en off non se cita nengunha propriedade do veículo nen nengunha das satisfacións que nos poda proporcionar o carro... Non sei, un anuncio mais sen sentido, que encima lembra á sociedade que somos tan parvos de pór modelos como recogepelotas. Cada profisional ao seu posto de traballo, sexa home ou muller...

dfggf

hfghjmhkmjmmk